RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Bo papel do Cadete A en Navarra co Alevín B xa en Alemaña

Actividade hoxe venres para dous equipos de #ANOSACANTEIRA nos torneos amigables previstos para esta semana.

O Cadete A xogou a Primeira Fase do Torneo Villa de Cabanillas e mañá pelexará polo 5º e 6º posto deste prestixioso trofeo; e o Alevín B viaxou a Alemaña, á localidade de Griesheim (a 30 quilómetros de Frankfurt), para competir na Super Cup 2018, organizado polo club SC Viktoria 06 Griesheim.

O Cadete A buscará mañá a 5ª praza en Navarra

O Cadete A do Dépor participa na 27ª edición do Torneo Internacional Villa de Cabanillas (Navarra).

A competición, que vai desde onte xoves 6 ao domingo 9 de decembro, xógase nos municipios de Cabanillas, Azagra, Lodosa, Ribaforada e Milagro.

O conxunto deportivista arrincou o torneo  hoxe venres 7, coa Fase de Grupos en Ribaforada. Impúxose ao FC Barcelona (1-0) e igualou co Levante UD (0-0).

Mañá sábado, o Cadete A pelexará pola quinta praza contra o Deportivo Alavés.

Os seus resultados foron os seguintes:

Venres 7 de decembro
FC BARCELONA 0 - CADETE A 1 (Padín). Quenda de penaltis: 1-2
CADETE A 0 - LEVANTE UD 0. Quenda de penaltis: 1-2

Sábado 8 de decembro

Partido pola 5ª praza

12:15: CADETE A - DEPORTIVO ALAVÉS, en Ribaforada

Para participar no devandito torneo, o choque da xornada 15ª da División de Honra prevista para mañá sábado 8 ou domingo 9 ante a UD Santa Mariña, atrasouse ao xoves 13 de decembro ás 17:00 en Cotogrande (Vigo).

O Alevín B xa está instalado en Griesheim (Alemaña), para a SuperCup 2018

O Alevín B viaxou hoxe venres a Alemaña para participar mañá sábado na SuperCup 2018 na cidade de Griesheim.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, con estes equipos: SC Viktoria Griesheim, Borussia Mönchengladbach, Eintracht Frankfurt, SV Darmstadt 98 e VfL Wolfsburg.

O calendario de partidos para o Alevín B é o seguinte:

13:15: SC VIKTORIA GRIESHEIM - ALEVÍN B
14:19: EINTRACHT FRANKFURT - ALEVÍN B
15:23: ALEVÍN B - VfL WOLFSBURG
16:11: SV DARMSTADT 98 - ALEVÍN B
16:43: ALEVÍN B - BORUSSIA MÖNCHENGLADBACH

O catro primeiros pasan a unha Fase Final, que se xoga xa a continuación; mentres que os dous últimos disputarán unhas eliminatorias de Consolación.

Alevín A e Benxamín A, no Torneo Internacional Tucho de la Torre

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín A e Benxamín A, competirán mañá sábado 8 de decembro no campo de San Pedro en Marín (Pontevedra) na IV edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8 organizado pola Escola de Fútbol Vila de Marín.

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase co EF Vila de Marín, FC Porto, Real Valladolid e Real Oviedo.

O seu calendario de partidos, todos no campo 1, é o seguinte:

Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - EF VILA DE MARÍN
12:30: REAL VALLADOLID - ALEVÍN A
14:30: FC PORTO - ALEVÍN A
17:00: REAL OVIEDO - ALEVÍN A

O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.

Pola súa banda, o Benxamín A terá en primeira instancia estes rivais: EF Vila de Marín, equipo finalista da Fase Previa, FC Porto e Sporting de Gijón.

O calendario de partidos do conxunto deportivista, todos no campo 1, é o seguinte:

Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - EF VILA DE MARÍN
13:00: FC PORTO - BENXAMÍN A
15:30: FINALISTA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
17:30: SPORTING DE GIJÓN - BENXAMÍN A

O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.

O Alevín A, campión do Trofeo do Laracha CF

O Alevín A representou ao RC Deportivo na 6ª edición do Torneo do Laracha CF, que se disputou no Municipal de Laracha onte xoves 6 de decembro, día festivo.

O conxunto deportivista foi brillante campión do torneo, após imporse na final ao Ural CF (5-0).

Os resultados do equipo que prepara Roberto Veres foron os seguintes:

ALEVÍN A 8 (Rubén -5-, Bruno -2- e Álex) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
ALEVÍN A 4 (Xenxo -2-, Mosquera e Samuel) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
ED LUÍS CALVO SANZ 1 - ALEVÍN A 2 (Janusz e Trillo)
Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - IMPERÁTOR OAR 0. Por penaltis: 3-1
Semifinais
ALEVÍN A 8 (Raúl -3-, Álex -2-, Bruno, Xenxo e Eder) - DUBRA SD 0
Final
ALEVÍN A 5 (Xenxo -2-, Mosquera, Eder e Janusz) - URAL CF 0

Un Infantil branquiazul levou o 2º Torneo do CD Lugo

Un Infantil do Dépor competiu onte xoves 6 de decembro, día festivo, na 2ª edición do Torneo do CD Lugo.

O conxunto branquiazul mediuse pola mañá ao CD Lugo no campo das Gándaras na primeira semifinal. Gañaron os deportivistas (1-3), con tantos de Dani -2- e Lucas.

A final foi pola tarde, co Sporting de Gijón, que derrotou ao RC Celta en semifinais, como rival. De novo gañou o Infantil branquiazul (2-0), grazas aos goles de Pablo Seco e Guerrero.

Ademais, Pablo Seco foi nomeado mellor xogador do torneo.