RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Boa primeira xornada do Alevín A e Fabril FC Alevín no Media Gol Cup de Cornellá (Barcelona)

Os dous equipos alevíns do Deportivo participan na IX edición do Media Gol Cup, na modalidade de fútbol 7. O torneo desenvólvese no Estadio Municipal de Cornellá. Hoxe disputouse a primeira xornada do torneo saldada con resultados positivos para os branquiazuis, salvo unha derrota lóxica (2-0) do Alevín A ante o FC Barcelona.

O Alevín A ten como rivais na Primeira Fase ao FC Barcelona, Villarreal CF, Prodigy Fútbol, CE Manresa e EF Gavà A.

O seu calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 17 de decembro
FC BARCELONA 2 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Antón e Gabri) - PRODIGY FÚTBOL 1

Sábado 18 de decembro
09:00: ALEVÍN A - CE MANRESA (campo 3)
12:30: VILLARREAL CF - ALEVÍN A (campo 1)
16:00: ALEVÍN A - EF GAVÀ (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 19:30 horas.

Pola súa banda, o Fabril FC Alevín ten como rivais na Primeira Fase á UE Rapitenca, EF Gavà B, FC Andorra e Sevilla FC.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 17 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Íker Obeso) - UE RAPITENCA 1
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Antón Vilariño e Thiago Montes) - EF GAVÀ B 0

Sábado 18 de decembro
15:00: FABRIL FC ALEVÍN - FC ANDORRA (campo 1)
18:30: SEVILLA FC - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 20:30 horas.

Alevín A e Fabril FC Alevín arrincaron o pasado sábado a súa competición en Primeira A Coruña con vitoria ante o Orillamar SD (8-0) e con empate ante o Ural Español CF (1-1). Os seus partidos da 2ª xornada previstos esta fin de semana ante o Club Xesuitinas e Victoria CF respectivamente xogaranse o martes 21 de decembro ás 19:15 en Abegondo.