RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Boiro prolonga a súa condición de sede da Escola RC Deportivo

O Concello de Boiro acolleu hoxe mércores 22 de setembro a presentación da Escola RC Deportivo, que un ano máis será realidade grancias á colaboración entre a Fundación RC Deportivo e o consistorio barbancés. Marcos Fajardo, concelleiro de deportes; Juanvi Cameán, coordinador das escolas municipais de Boiro; Mauri García, directivo das escolas municipais de Boiro, e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, representaron no acto a todas as partes involucradas no proxecto.

As inscricións atópanse abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web escola.rcdeportivo.es/gl, e permanecerán abertas durante todo o curso, até o mes de maio. A Escola RC Deportivo de Boiro terá dúas quendas dispoñibles: os luns de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.

Como principal novidade este ano a cada participante co pago da matrícula entregaráselle un equipamento Kappa oficial da Escola RC Deportivo co que é obrigatorio acudir aos adestramentos.

O luns 4 de outubro comezarán as clases impartidas polos adestradores da canteira do RC Deportivo, que levarán a cabo durante toda a temporada até o mes de maio de 2022. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias especial fronte á COVID-19.

A Fundación RC Deportivo pon en marcha, por cuarta temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo. Ademais da Escola RC Deportivo de Boiro, a Fundación RC Deportivo organiza outras catro na Coruña, Bertamiráns, Luis Calvo-Cee e Caranza.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola no correo electrónico escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00 (Extensión 2).