O Real Club Deportivo abre o luns 23 de abril un concurso de méritos para a formación dunha bolsa de traballo de técnicos deportivos ou técnicos deportivos superiores en fútbol destinada aos DéporCampus Cabreiroá 2018.
Esta documentación pode remitirse ao correo deporcampus@rcdeportivo.es ou entregarse persoalmente na sede do Real Club Deportivo (praza de Pontevedra, 19 1º) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. O límite de prazo de envío ou entrega é o próximo 15 de maio ás 19:00 h.