RCD / NOVAS

Bolsa de traballo para adestradores dos DéporCampus Cabreiroá destinada a titulados da escola do RCD

21/05/2019 16:13

O Real Club Deportivo abriu o luns 20 de maio un concurso de méritos para a formación dunha bolsa de traballo de técnicos deportivos ou técnicos deportivos superiores en fútbol destinada aos DéporCampus Cabreiroá 2018.

Toda a información e a documentación sobre esta convocatoria, destinada a alumnos e exalumnos da escola de adestradores do Real Club Deportivo, pode consultarse nesta ligazón

Esta documentación pode remitirse ao correo deporcampus@rcdeportivo.es ou entregarse persoalmente na sede do Real Club Deportivo (praza de Pontevedra, 19 1º) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. O límite de prazo de envío ou entrega é o próximo 5 de xuño ás 19:00 h.