RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Bonito intercambio de golpes entre o Atlético Arousana e o Dépor ABANCA B

O Atlético Arousana e o Deportivo ABANCA B protagonizaron un bonito espectáculo (5-3) no campo vilagarcián da Lomba. O cadro deportivista, que competiu ben ante un dos 'galos' da categoría e que ademais acaba de descender de Segunda División Nacional, pagou moi caro os seus erros en defensa.

Vero, Lidia e Ari foron as autoras dos goles branquiazuis neste partido correspondente á 8ª xornada da Primeira División Autonómica.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é cuarto na clasificación con 16 puntos.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Alba Martínez, Alba Pérez, Noe, Ainhoa, Lara, Alba Suárez, Patri, Antía, Vero e Lidia. Tamén xogaron: Jessi, Mar, Ari, Sara Piñeiro e Sofía.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA B recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao Victoria CF B da Coruña.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)