RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges asegura que "estamos moi esperanzados" de cara ao partido de San Mamés

Celso Borges atendeu aos medios de comunicación esta tarde na sala de prensa de Abegondo.

O internacional costarriqueño asegurou que "estamos moi esperanzados" de cara ao choque deste sábado 14 de abril en San Mamés ante o Athletic Club (20:45, Bein LaLiga): "Son as cousas que dan as vitorias. Tráenos moita motivación. Fainos aínda mellor día a día no vestiario. Imos cunha moi boa actitude", advirte.

Espera un encontro ante os branquivermellos no que "poidan máis nosas ganas, o noso bo fútbol á hora de afrontar este partido. Pero que non vai ser fácil, iso é seguro".

Prefire centrarse no partido do Dépor e esquecer o do resto de rivais (Levante ou Las Palmas): "É o lamentable dunha situación así é que aínda gañando tes que esperar a ver que pasa noutro lado. De aí o que podemos controlar é o noso xogo e ver como podemos sacar puntos. O outro se escapa dentro do que quixésemos controlar".

A pesar desta situación difícil, encara a recta final "como temos que velo, cun positivismo que nos deixe adestrar todos os días con moito valor, con moita coraxe. Sabemos que a situación non é o ideal pero non podemos facer nada co que a xente queira pensar ou non. Temos que transmitir esa boa enerxía e ese positivismo dentro do campo".

Por este motivo, o obxectivo para o mediocentro deportivista é fácil: "Temos que seguir gañando para seguir metendo presión. É o que temos que facer. A situación é así de clara. Temos que puntuar e esperar".

A nivel individual, Borges recalca que afronta o que resta de temporada "como un profesional. Preparado para cando se de a situación de xogar".

Non crea que esta campaña sexa atípica para el, con menos tempo sobre o céspede: "Conto con minutos, con confianza e comportándome como tería que ser cada profesional, adestrando ao máximo".