RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Borges cre que ''dá moita confianza o feito de empezar así a liga''

Celso Borges recalcó que o triunfo en Vallecas do pasado luns foi o primeiro fóra de Riazor desde a vitoria no mesmo estadio a tempada pasada, aún con Víctor Fernández no banco deportivista: "A todos cáenos ben. Xogamos ba

O mediocentro internacional, consciente o cinco puntos cultivados en tres partidos, advirte non obstante que "isto é moi longo. Isto apenas está a comezar. O que si é certo é que dá moita confianza o feito de empezar así a liga. Non é un calendario fácil de principio e aínda así logramos sacar puntos, e facéndoo ben".

Explica que unha das súas funcións no equipo é "acompañar ao dianteiro e aos extremos. Nesa posición, ao estar un pouco máis adiantado, facendo a presión moi arriba e cando gañabamos a pelota, xa a distancia (á portaría rival) é máis curta. Defensivamente estamos a traballar mellor e un ten máis enerxía para acompañar nas ocasións que se poidan".

Opina que o Sporting de Xixón, rival do Dépor este domingo 20 de setembro en Riazor (16.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), é completamente distinto ao que fai o Raio. Están moi ben compactos en defensa. Os puntos que ten traballounos bastante ben. Repliega moi ben e saen rápido ao ataque".