RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges cre que gañar #ONOSODERBI traería "alegría e moita tranquilidade"

Celso Borges compareceu ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

O capitán deportivista cre que "animicamente para o descanso vénnos ben gañar" #ONOSODERBI deste sábado 23 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o RC Celta (18:30 horas, Gol TV). "Vénnos ben porque cando un se vai de vacacións con esa tranquilidade dos puntos, de gañar un derbi, da nosa situación na clasificación... afronta doutra maneira o próximo. Sobre todo pola tranquilidade, por nosa propia paz e por estar ben na nosa situación deportiva", explica.

Confesa que "estamos moi ansiosos de que chegue este partido, fainos moita ilusión. Dada a situación na táboa, faino aínda máis interesante. Oxalá sexa unha festa de bo fútbol e pacífica sobre todo".

Dos seus derbis galegos vividos até o momento, o centrocampista branquiazul lembra que son partidos "moi intensos. É moi bonito. Toda a semana é moi diferente, mesmo vas camiñando pola cidade, a xente anímache moitísimo. Están a esperar que sexa o partido que gañemos".

Nestes encontros, promete o internacional costarriqueño, "o normal que salgamos con toda a actitude agresiva do mundo e que cheguemos dunha vez a querer gañar o partido. E empuxados pola nosa xente, aínda máis".

Preguntado por que equipo chega mellor, se Deportivo ou Celta, Celso opina que "independentemente da situación de cada equipo, é outro partido aparte. A vontade anímica dos dous equipos cambia radicalmente ao ser unha cuestión importante para todos. Nós sentímonos ben, xa esquecemos o que pasou a fin de semana e imos ben ao partido", conclúe.

Iso si, admite que "o feito de xogar en casa ten que xogar ao noso favor. Para nós ten que ser unha ferramenta máis para poder sacar adiante o partido. Gústanos xogar en casa, sentímonos ben, estamos moi ben arroupados pola xente. É algo que podemos utilizar ao noso favor".

Recalca Celso Borges que "se nós somos capaces de manternos concentrados todo o partido, de facer as cousas ben e levarnos os tres puntos, para nós é unha alegría, daralle á xente moita tranquilidade, na cidade para as súas vacacións tamén. Oxalá que nos salga ben".