RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges cre que o Dépor debe partir da agresividade e a solidez

Celso Borges, un dos capitáns do Deportivo, compareceu esta mañá en rolda de prensa en Abegondo.

O mediocentro deportivista advirte que o equipo "debe enfocarse en sacar vitorias non en como debe xogar. Temos que sacar vitorias por unha cuestión de supervivencia".

Interrogado polo vestiario, Celso Borges asegura que "vou defender sempre aos meus compañeiros a matar porque creo que hai moi bo rolo entre todos nós. Entendo que cando non se gaña búscanse diferentes razóns pola cal non se fixo. Desde fóra pódense buscar unha chea de escusas".

Foi así de tallante a esta pregunta acerca da necesidade do equipo a estas alturas da temporada:

-¿Que necesita máis o equipo: traballo psicolóxico ou traballo futbolístico?
-Gañar.

De Clarence Seedorf, conta que desde o principio "xa nos deixou moi claro a súa mensaxe moi positiva. Primeiro quería traballar con todos para coñecernos un pouco máis a fondo e logo ir imprimindo a súa pegada paso a paso. Outros días vai facer fincapé en sistemas, formacións, disciplina táctica... Nós tamén o temos que coñecer a el pero hai pouco tempo".

De cara a este novo Dépor, aclara o internacional costarriqueño que "hai algo que está implícito sempre independentemente de quen estea, que é que temos que ser un equipo agresivo e defensivamente sólido. De aí buscar a maneira correcta de xogar ao fútbol que nos permita gañar".

Define ao técnico holandés como "unha persoa bastante positiva, que nos expresou o seu sentir. Esperemos que iso cambie a dinámica de resultados".

Asegura Celso Borges que o novo adestrador branquiazul "é consciente da institución á que veu. Ínstanos a nós a seguir adiante, que el vira partidos anteriores onde cre que hai cousas que pode reforzar. Os dous adestramentos de onte e todos os desta semana servirán para coñecernos máis".

Aproveitou esta comparecencia pública para dedicar unhas cariñosas palabras a Cristóbal Parralo: "Deuno todo no seu traballo. Lastimosamente como é o fútbol os resultados non acompañaron. El sabe que dentro é unha persoa moi querida, moi valorada. Así é isto ás veces".