RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges e Albentosa agradecen en zona mixta o apoio do deportivismo

Celso Borges e Albentosa compareceron ante os medios informativos na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro costarriqueño, que puido marcar nun disparo que se foi ao pau na recta final do partido, subliñou que "aínda podemos sacar isto adiante. Non vai ser fácil".

Asegura que está convencido de lograr o obxectivo porque "as sensacións que deixas nestes partidos é que che vas a casa coa fronte alta, sen reprochar nada. A xente vaise a casa orgullosa do seu equipo"

Cre que é "importante para nós contar con ese apoio (da afección). É o que temos que transmitir. Nós metémonos nesta situación, o público apoiounos sempre. Agora necesitamos deles para poder sacalo. Somos nós os que temos que enganchar á xente e transmitirlles boas sensacións".

Pola súa banda, Raúl Albentosa opina que "estamos convencidos cada vez que saltamos ao campo de poder gañar. Antes tiñamos esa pequena dúbida porque non chegabas a materializar e só levabamos en 9 xornadas 2 goles, un deles en propia. Pero creabamos moitas ocasións. Hoxe fixémoslle a un equipo de Champions moitas ocasións".

Valorou o comportamento da bancada: "Nos dous anos que estou aquí é o mellor día. Foi espectacular. A xente apoiounos moito. O outro día había unha cola case até a praia. É de agradecer e é o que nos fai sentir. Cando estás no campo e todo o mundo arróupache dás un plus máis. Ese plus que nos deron eles é de agradecer".