RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges e Francis foron titulares coa súa selección; e Schär xogou os últimos 20 minutos

Tres futbolistas do Dépor tiveron hoxe martes 27 unha última proba antes do próximo Campionato do Mundo de Rusia 2018: Celso Borges, Fabian Schär e o fabrilista Francis Uzoho.

As tres selecciones ás que pertencen os xogadores branquiazuis, Costa Rica, Suíza e Nixeria respectivamente, están clasificadas para o próximo Mundial.

Celso Borges caeu fronte a Tunisia

A selección de Costa Rica, con Celso Borges entre os convocados, preparou ante Escocia e Tunisia a próxima cita mundialista.

Hoxe martes a selección 'tica' mediuse a Tunisia no Alliance Riviera da cidade francesa de Niza. Caeu Costa Rica (1-0) e Celso xogou completo o encontro.

O pasado venres 23 de marzo, Costa Rica venceu (0-1) a Escocia no estadio Hampden Park de Glasgow. O mediocentro deportivista, alicerce básico do seu equipo nacional, foi titular e xogou os 90 minutos.

Borges ten previsto aterrar na Coruña este mércores ás 17:00 horas.

Schär xogou os últimos 20 minutos fronte a Panamá

Suíza contou co deportivista Fabian Schär para estes dous últimos amigables de preparación.

A segunda cita desta data FIFA para os suízos foi este 27 de marzo no Swissporarena de Lucerna ante Panamá, outro combinado mundialista.

Suíza venceu con claridade (6-0). Schär nesta ocasión non foi titular. Entrou ao campo no minuto 69, xa co partido resolto.

O pasado venres 23 de marzo, os suízos tamén gañaron (0-1) a Grecia en Atenas. Schär estivo todo o encontro sobre o céspede.

O central branquiazul regresará á Coruña este mércores ás 17:00 horas.

Francis, titular de novo, perdeu con Nixeria ante Serbia

O meta deportivista Francis Uzoho estivo coa selección nixeriana para dúas novas probas de cara ao Mundial.

Hoxe martes 27, os nixerianos tiveron como rival a Serbia en The Hive Stadium en Londres. Esta vez perderon os nixerianos (2-0), con Francis no once durante todo o partido.

O pasado venres 23 de marzo, Nixeria impúxose (0-1) a Polonia en Breslavia. O meta fabrilista tamén xogou enteiro o choque.