RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges e Gerard Valentín, novidades na lista de convocados para o partido desta tarde na Lomba

O Deportivo desprázase esta tarde a Vilagarcía para disputar o seu segundo amigable desta pretemporada, coas novidades de Celso Borges e Gerard Valentín.

Causan baixa respecto ao partido de onte en Villalba Borja Valle, cunha  lumbalxia e Álvaro Queijeiro, cunhas molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita.

No adestramento desta mañá, con Fede Cartabia e Borja Galán no ximnasio, Pepe Mel traballou fundamentalmente a estratexia ofensiva e defensiva.

Juan Domínguez, Celso Borges, Fayçal, Andone, Çolak, Carles Gil e Gerard Valentín, que iniciaron os adestramentos a mediados desta semana, tiveron ademais un traballo extra no ximnasio da cidade deportiva.

Os afeccionados branquiazuis que desexen presenciar o Arousa-Dépor no campo terán á súa disposición entradas de dous prezos. No despacho de billetes da Lomba, custará cada entrada 10 euros. Os peñistas branquiazuis e socios deportivistas poderán retirar entradas a 6 euros na sede da pena deportivista Perla de Arousa, sita na cafetaría Pórticos (rúa Alexandre Bóveda nº 26) en Vilagarcía de Arousa.

Tras o encontro, o persoal adestrarase de novo en Abegondo mañá sábado 15 de xullo ás 10:30 horas.