RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Borges e Jonathan Rodríguez incorpóranse aos adestramentos

Os internacionais Celso Borges e Jonathan Rodríguez, titulares o pasado martes na Costa Rica - Uruguai, incorporáronse esta mañana aos adestramentos co Deportivo tras chegar onte xoves das concentracións dos seus respectivos equipos nacionai

Borges, con máis minutos nas pernas nos dous amigables de Costa Rica, tivo unha sesión de recuperación. Jonathan, con menos minutos de xogo, traballou esta mañá con normalidade.

Exercitáronse á marxe Fabricio, Cani e Manuel Pablo. Oriol Rise realizou xa unha parte da sesión sen alta médica, do mesmo xeito que Luís Alberto, aínda que este xa leva varios días complentando enteiras as sesións de traballo co grupo.

Hoxe houbo un quecemento preventivo, rondos e, para finalizar, partidos en espazo reducido co persoal dividido en tres equipos.

Pola tarde, o equipo adestrarase de novo ás 18.00 horas en Abegondo.