RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges e Schär reparten solidariedade e simpatía en Marineda City

Os xogadores do Dépor Celso Borges e Fabian Schär participaron no evento Marineda GO, organizado por Marineda City no corredor de deportes da primeira planta do centro comercial, onde se atopa situada a DéporTienda.

A visita dos futbolistas branquiazuis, que espertou gran expectación entre os clientes do citado centro, tivo un dobre obxectivo. O principal, doar material con fins solidarios en nome do Real Club Deportivo á ONG RED Deporte y cooperación. O material doado polo Dépor, xunto ao que cedan todos os cidadáns que se acheguen esta semana a Marineda City, será repartido pola ONG entre os seus proxectos ao longo do mundo.

Ambos os futbolistas, acompañados por directivos de Marineda City e de Ignacio Dopico, Director Comercial do RC Deportivo, achegáronse até o caixón habilitado para a recollida de material, e facer entrega da doazón do Club.

A continuación, o defensa central e o centrocampista asinaron autógrafos e fotografáronse cos afeccionados que así o solicitaron, todo iso no corredor de deportes, planta 1, de Marineda City, enfronte xusto da DéporTienda.