RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "É un momento duro para todos nós"

Celso Borges, capitán do Deportivo, compareceu na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O internacional costarriqueño subliñou que "é un momento duro na carreira de todos nós. Vainos custar dixerilo. Estamos golpeados agora mesmo".

Pide a cada un "facer autocrítica, unha propia valoración do que se pode mellorar. A vida non acaba aquí".

Prefire non falar de futuro, porque "o golpe emocional é duro para todos. Haberá unha valoración a final de temporada xeral sobre todos. O máis importante é rematar ben o ano".

Recalca neste sentido que o Dépor ten que afrontar o que queda de temporada "con orgullo deportivo".

Á afección, cre Celso que "non lle podemos pedir máis. Fomos con eles moi duros en canto a resultados. Non foi o mellor ano para nós e aínda así nos apoiaron, alentáronnos".