RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges, Fayçal, Andone, Çolak e Juan Domínguez incorpóranse mañá mércores 12 de xullo

Os internacionais que disputaron partidos coa súa selección o pasado mes de maio e xuño (Celso Borges, Fayçal Fajr, Andone e Çolak), ademais de Juan Domínguez, incorpóranse mañá mércores 12 de xullo á pretemporada.

O cinco futbolistas farán primeiro as probas médicas na Coruña e, ao finalizar, poranse xa a disposición de Pepe Mel, nun día no que haberá unha única sesión de traballo, ás 10:00 en Abegondo.

Antes, esta tarde, xa sen Álex Bergantiños, o equipo continuou o seu traballo de pretemporada, sempre con balón. As tarefas para o grupo foron exercicios de posesión, de saída de balón e un partido once para once con obxectivos.

Fede Cartabia e Borja Galán foron os únicos futbolistas que se adestraron á marxe do grupo.