RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán incorporouse aos adestramentos co grupo

Borja Galán incorporouse aos adestramentos co grupo no regreso ao traballo do Deportivo, esta tarde en Abegondo.

O atacante branquiazul completou con normalidade a sesión aínda que non ten o visto e prace dos Servizos Médicos de cara ao encontro deste domingo 9 de maio no Nuevo Estadio Los Pajaritos de Soria (12:00, Footters), con motivo da última xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Rubén de la Barrera non puido contar con Derik, Keko e Miku, que completará ao longo da semana un traballo específico entre o céspede e o ximnasio.

Ademais Gandoy e Mujaid realizaron unha parte, a primeira, co grupo e a outra metade no vestiario.

O técnico coruñés dispuxo, após un quecemento con rondos, un exercicio con porterías pequenas e un partido a medio campo para concluír, nunha sesión de activación após dous días de descanso.

Mañá xoves está programado un novo adestramento, a partir das 10:30 en Abegondo.