RCD / NOVAS

Borja Galán lembra que os partidos de pretemporada "serven para coller ritmo, sumar minutos ás pernas"

27/07/2019 22:07

Borja Galán atendeu aos medios de comunicación no campo de Cantarrana de Viveiro.

O canteirán deportivista lembra que "os partidos de pretemporada serven para coller ritmo, sumar minutos ás pernas".

Borja recoñece "non estar contento co resultado. Queremos gañar todos os partidos. Pero nestes partidos de pretemporada hai que ver que a carga que levamos é importante, o traballo que levamos é bastante pesado e hai que sumar minutos para ter mellores sensacións".

Asegura o atacante branquiazul que nesta pretemporada todo transcorre segundo o previsto: "Estamos a traballar ben, con ilusión".

Máis novas de: BORJA GALÁN