RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán móstrase "convencido de que podemos conseguir o obxectivo. Creo firmemente que o imos a facer"

Borja Galán pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR unha vez concluído o encontro.

O atacante deportivista confesa que se marcha do partido "con malas sensacións. Eles foron superiores en todo momento". "Estiveron mellor que nós, moveron mellor o balón, cando o tiñamos nós non soubemos facerlles dano. Hai que facer autocrítica e sacar isto adiante porque creo que estamos capacitados para iso", engade.

A pesar desta dura derrota, móstrase "convencido de que podemos conseguir o obxectivo. Creo firmemente que o imos a facer. O novo míster está a transmitirnos unhas ideas. Non hai que escusarse en que leva pouco tempo. Tentaremos coller eses conceptos que nos está tentando transmitir".

Desvela Borja Galán que ao concluír o encontro, xa no vestiario, Rubén de la Barrera "deunos unha charla na que nos levantou un pouco o ánimo a todos. Entramos un pouco alicaídos. Levantounos. Dixo que confía plenamente en nós. Se hai un equipo que ten capacidade para sacar isto adiante somos nós. A iso agarrámonos".