Borja Galán realizará a pretemporada co primeiro equipo
Borja Galán, dianteiro do Fabril, está citado para iniciar a pretemporada co primeiro cadro do RC Deportivo.
O atacante madrileño asinou 9 goles no pasado exercicio, entre eles o que abriu o camiño do ascenso a Segunda División B, no partido de volta do playoff de ascenso fronte ao Cacereño en Riazor. Borja Galán, que chegou ao Club o pasado verán procedente do Getafe CF, foi o terceiro máximo anotador do equipo tras Óscar Pinchi (22) e Borja Domingo (17).
Borja Galán únese ao tamén dianteiro Óscar Pinchi, ao centrocampista Edu Expósito e a meta nixeriano Francis Odinaka Uzoho na lista de xogadores fabrilistas citados por Pepe Mel.
O cadro do Deportivo regresará aos adestramentos o vindeiro mércores 5 de xullo en Abegondo.
Celso Borges, Fayçal Fajr, Florin Andone e Emre Çolak, os catro internacionais que tiveron partidos coa súa selección entre finais de maio e principios de xuño, comezarán a pretemporada unha semana máis tarde, o 12 de xullo.