RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez advirte que o domingo "imos ter que estar acertados e sobre todo ser moi sólidos"

A Borja Jiménez non lle preocupan as baixas obrigadas esta fin de semana de Víctor, con penalización económica polo contrato de cesión do Real Valladolid se xoga; e Lapeña, sancionado por acumulación de amoestacións: "Non hai ningún problema porque temos xogadores igual de capacitados. Tentaremos acertar cos que poñamos, pero problema ningún. Temos un cadro moi bo e os que entren vano a facer igual de ben seguro".

Do rival deste domingo ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR, o Real Valladolid Promesas, lembra que "tanto o día do Racing como o día do Logroñés fóra de casa nas dúas últimas xornadas, ante o segundo e o terceiro, tivo a capacidade de facer cinco goles. Xa falamos máis veces dos filiais, xente con moitísima desenvoltura, atrevemento arriba; con algún problema a nivel defensivo como todos os filiais. Nos seus 3 últimos partidos fixo sete goles, fala moi ben do caudal ofensivo que teñen e sobre todo que foi ante rivais que están aí pelexando igual que nós. Vai ser un partido que nos vai a esixir a nivel defensivo, que eles van ter as súas opcións e que nós imos ter que estar acertados e sobre todo ser moi sólidos".

Non está preocupado o técnico deportivista por empatar os dous últimos partidos de liga: "O día do Bilbao Athletic aquí en ABANCA-RIAZOR merecemos adiantarnos no marcador por ocasións. Ao non adiantarche xa vas ao contraxeito e consegues empatar e xerar ocasións para gañar. Pero en Ferrol tivemos situacións de perigo: gañar liña de fondo con Quiles, con William, a situación de Miku. Pero non fomos tan dominadores. Non creo que sexan dous partidos con moita similitude en canto a volume de ocasións. O que tentamos cada semana é mellorar, ir detectando cousas onde non nos atopemos cómodos ou onde nos estea custando un pouquiño máis e tentar melloralo. O domingo seguro que imos ver un partido aberto porque eles son un equipo cunha boa transición ofensiva. Son un equipo que ten xogadores que van cara a adiante, que asume riscos, é un filial. Non empezou ben pero ten potencial. Será quizais un partido máis similar ao do Athletic Club B, salvando as distancias entre os dous filiais, pero con idas e vindas seguro. A nós tamén nos gusta esa parte do xogo onde hai moito ataque, onde nós tamén nos sentimos cómodos en transicións, así que supoño que terá máis de transición que o que o sábado por exemplo co Racing de Ferrol", apunta.

Ex adestrador do Real Valladolid Promesas na temporada 2015-16, Borja Jiménez admite que o seu paso polo filial valisoletano supuxo "un antes e un despois. Eu xa fixera dous anos en Ávila de primeiro adestrador, viña dun ano onde non estivera adestrando. Entón recibo unha chamada de 'Cata' (José Antonio Castro) e de Braulio Vázquez (naquela época Director Deportivo do Real Valladolid). Vas nunhas condicións onde ti como persoa decides apostar outra vez polo fútbol, porque eu saíra de España para seguir formándome. Apostas polo fútbol e estás no sitio adecuado no momento adecuado. Levaba case tres, catro meses no Club traballando e 'Cata' e Braulio, pero máis 'Cata' que era o que estaba encargado do filial, é o que decide apostar porque desde o Cadete dea o salto. Gardo moitísimo agarimo ao Valladolid porque sendo de Ávila é o equipo máis próximo ao que podes ir ver. Teño moita familia en Valladolid, ter agarimo e por iso no seu momento apostei por ir cara alá fai xa seis anos paréceme. Foi un antes e un despois porque volvín relanzar un pouco a carreira. Logo saín de alí. É verdade que só estiven un ano, pero porque quería seguir enganchado ao fútbol en Segunda. B e tiña unha oferta para facelo. Eles insistíronme moito en quedarme, pero cría que era o momento ao non poder facelo no filial que debería de seguir na categoría. Gárdolle moitísimo agarimo desde Mario, o xefe de prensa, até os delegados, utilerios que seguen no filial. É un club que sempre será especial para min".

Preguntado polo colexiado do partido, o cántabro Alberto Fonte Martín, o adestrador branquiazul asegura que "o coñezo perfectamente. Pitoume máis de dous e tres veces. É moi bo árbitro. Farao ben. Non dubido en ningún momento da integridade do colectivo. É un árbitro que é dos bos da categoría e farao ben. Temos que saírnos de todo iso porque se non vai ser continuamente e cando en pite un galego en Logroño vas buscar especulacións onde non as hai. Sorprendeunos, pero xa unha vez que che pasa por primeira vez sabemos que vai ser unha tónica durante todo o ano. Entón xa non nos sorprende. Que o fagan ben e xa está, que seguro que o fan ben. Non podemos tampouco cargarlles de responsabilidade nin que teñan que vir aquí coaccionados porque se non vai ser peor".