RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez concede ao equipo "un notable alto porque poñer o escudo do Dépor non é tan sinxelo como parece"

Borja Jiménez alertou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o Zamora CF, rival mañá sábado 30 de outubro (17:00 horas, Footters) "é un moi bo equipo que o ano pasado fixo playoff. Estivo no noso grupo, ou sexa que xa sabedes a campaña que fixo o ano pasado, o nivel que mostraron. A base do que é o equipo véno mantendo non só o ano pasado, senón de anos anteriores, desde o ascenso de Terceira. Coñezo tanto ao adestrador que ten moita experiencia na categoría e é dos bos adestradores como ao equipo por proximidade e enfrontamentos no Grupo 8 de Castela e León. Son xogadores que coñezo, que nos van a poñer as cousas moi difíciles".

Por conseguinte, cre que sería un erro "pensar que vén o Zamora CF no posto da clasificación que ten agora mesmo; se non temos que pensar que é un equipo que o ano pasado quedou por diante noso e que o ano pasado xogou playoff, esa é a realidade do club. Vén facendo estes últimos anos moitas cousas ben. Polo que vou sabendo de todo o que ocorre alí é un Club moi ben estruturado no día a día que funciona fantasticamente. Será dos equipos que non pasará problemas ao longo do ano sabendo que é unha categoría moi igualada. Cando enganchas dous partidos sen gañar estás un pouco máis abaixo e cando os ganas estás un pouco máis arriba, pero ten toda a base para poder facer un bo ano e conseguir os seus obxectivos".

Ademais, apunta que "a nivel defensivo é un equipo moi agresivo en todas as liñas. Ten a capacidade de presionar alto, en bloque baixo defender moi ben as áreas, e logo teñen xogadores de moito peso xa no equipo, con moitos anos xa co adestrador. Hai moitos automatismos e moita sensación desde fóra de que saben perfectamente o que fan, o que teñen que facer en cada momento".

Pola súa banda, no Dépor, o técnico branquiazul, que se considera "bastante crítico co meu equipo" e, á vez, "moi crítico comigo mesmo", recalca que "a nivel defensivo temos que mellorar: situacións individuais, situacións de relación da liña. A nivel ofensivo temos que mellorar. En último terzo, xa a nivel máis ofensivo de velocidades de cambio de ritmo temos que mellorar, de ocupación de áreas. A mellora é tan grande en outubro de calquera equipo que imos con moito coidado. Estamos focalizando no que cremos que nos axuda a gañar e no camiño correcto cales son as primeiras cousas que temos que ir engadindo como colectivo".

Iso si afirma que "con todo o que fixo o equipo até agora, até outubro, estou moi contento porque teño a sensación de que vai sendo un equipo moi recoñecible, que non é sinxelo".

Cumprido un primeiro cuarto ligueiro cos nove primeiros partidos, "se fose profesor, recoñecería o esforzo do meu alumno. O equipo fixo moitas cousas ben, podía facer máis, pero non é sinxelo todo o que temos entre as nosas mans. Se cadra a análise se o comparas con outros anos, pois a nota sería sobresaliente, pero o meu auto nivel de esixencia permíteme darlles un notable alto, porque poñer o escudo do Dépor non é tan sinxelo como parece. Levas unha mochila que ti vas cargando de necesidades ou de obrigacións. Con toda esa mochila que temos, que cando saímos ao campo quítanola #ANOSAFORZA no noso día a día, o equipo comportouse moi ben e que se merece un notable alto".

Preguntado polo lateral dereito, Borja Jiménez admite que é a posición "onde máis xogadores habemos ir utilizando. Desde xogadores que a priori non é a súa posición natural, como pode ser o caso de Víctor, que o ano pasado xa o fixo algunha vez nesa liña de cinco que tiña o Sabadell. Xa temos de volta a Alberto Benito, que é positivo para nós. Víctor está a facelo moi ben, temos a Valín. Posiblemente en canto a número é a posición que máis xogadores ten específicos. Estamos tranquilos e contentos co rendemento de Víctor estas xornadas. A seguir mellorando e que el siga con esa predisposición a aprender, a mellorar e achegar desde a zona do campo que sexa como está a facer até agora".

Precisamente de Víctor opina que "é un xogador que ten capacidades para facelo perfectamente nesa demarcación. Tanto no día a día con el como con calquera xogador, a nivel visual con cada post partido, tentamos que cada xogador mellore. Levamos un mes aproximadamente adestrando con el nesa demarcación. Todas as correccións que lle facemos a el son en situacións de lateral dereito, porque queremos que mellore aí, que é onde agora o está facendo. Se dentro dun tempo ten que facelo por diante, insistirémoslle noutra demarcación".

Subliña del que é "un prodixio a nivel físico, ten unha boa envergadura para defender situacións de centros, é rápido para accións dun contra un, moi boa incorporación... Estamos a traballar nesas situacións para que detecte os momentos nos que se incorpora: se necesita un centro de primeiras, se necesita un control máis..."