RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez dedicou esta mañá á estratexia

Borja Jiménez fixo fincapé nas accións a balón parado na sesión desta mañá en Abegondo.

Cun quecemento e uns rondos previos concluíu un adestramento de menor carga física nunha frenética semana con tres partidos oficiais.

En rolda de prensa, Borja Jiménez comentou que está pendente "dunhas probas esta tarde a Raúl Carnero. Ten unha pequena molestia (nun isquiotibial); e Quiles recibiu un golpe o outro día e estamos á espera de como evoluciona as dores". De feito, o defensa coruñés non saltou hoxe ao céspede e o dianteiro andaluz retirouse aos vestiarios antes que o resto dos seus compañeiros.

Lembra o técnico branquiazul que "cando entre partidos hai 3 días, os golpes son máis difíciles de emendar que se hai unha semana enteira porque vas máis apertado de tempo".

Mañá sábado, o Dépor adestrarase a partir das 18:00 en ABANCA-RIAZOR. Ao concluír, o corpo técnico dará a lista de convocados para recibir o domingo 2 de outubro ao San Fernando CD Isleño (19:00 horas, TVG-2 e InSports.tv), en partido correspondente á 6ª xornada do grupo 1º de Primera Federación.