RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez leva a 22 futbolistas ao amigable de mañá en Vilalba ante o Racing Villalbés

O Dépor visita mañá mércores 28 de xullo ao Racing Villalbés no primeiro amigable desta pretemporada. O choque tíñase que disputar o pasado sábado 24 de xullo pero foi aprazado por un caso positivo de COVID-19 no cadro deportivista.

O choque será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

A entrada de público vale 10 euros e pódese adquirir en venda anticipada (teléfono 661049270) ou ben no despacho de billetes da Magdalena mañá mércores a partir das 18:45 horas. Os socios do Racing Villalbés teñen acceso gratuíto co carné da temporada 2020-21.

Borja Jiménez leva a 22 futbolistas, dos que caen de maneira obrigada Valín e Pablo Brea, que se adestran co readaptador Álex Canosa; e Alberto Benito, que permanece no seu domicilio con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño.

Rolan, Uche e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges finalizou onte luns coa súa selección a Copa de Ouro da CONCACAF e ten previsto chegar á Coruña a finais desta mesma semana.

Alberto, Juan Rodríguez, Iván Guerrero, Yeremay, Noel e Dani Barcia son a representación de #ANOSACANTEIRA nesta primeira convocatoria de Borja Jiménez.

Na sesión desta mañá en Abegondo, após un quecemento e un exercicio de posesión en campo reducido, o técnico deportivista dispuxo unha serie de partidos a metade do campo 2.

Mañá mércores, día do amigable, non haberá adestramento matinal en Abegondo tal e como estaba previsto inicialmente. A próxima sesión de traballo do Deportivo será o xoves 29 de xullo ás 10:30 en Abegondo. Como é habitual, o cadro ten almorzo no comedor da Cidade Deportiva a partir das 9:00 horas.