RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez, protagonista nun documental do Centenario da Federación de Castela e León

- Fotos: Real Federación de Castilla y León de Fútbol -

Borja Jiménez apura os seus últimos días de descanso antes de arrancar o vindeiro luns 18 de xullo a pretemporada co RC Deportivo.

O técnico branquiazul leva uns días xa na Coruña seguindo moi de preto a organización dos primeiros días de traballo para o cadro do Dépor, así como o calendario de amigables e a chegada de reforzos.

No entanto, hoxe xoves Borja Jiménez fixo un alto nestes días de traballo no seu despacho de Abegondo co obxecto de ser protagonista dun os actos centrais do Centenario da Real Federación de Castila y León de Fútbol do próximo ano 2023.

O adestrador abulense desprazouse a Salamanca para participar nunha charla con Vicente del Bosque, Miguel Ángel Portugal e José Rojo Martín 'Pacheta', gravada no prestixioso café Novalty da Praza Maior salmantina.

Os catro técnicos castelán-leoneses debateron sobre o papel do adestrador antes e agora.

Finalizada a gravación, Borja Jiménez emprendeu viaxe de regreso á Coruña.