RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "Quedo co berro final de #ANOSAFORZA: que si, j... que imos ascender"

Borja Jiménez subliñou antes de nada na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "Antoñito está ben. Tiña sobrecargado un pouquiño o aductor porque é normal. Vén de non competir en moitos meses. Xa lle pasou en Talavera co resultado que tiñamos e as súas sensacións eran un pouco peores. Decidimos cambialo no descanso para non correr ningún risco. Fixo 45 minutos moi bos".

O técnico branquiazul destaca que "en xeral o equipo estivo moi ben os 90 minutos. Na primeira parte o poder ter eses laterais profundos con bos centros, tanto Diego, logo Héctor na segunda e Antoñito, gañamos un pouquiño de consistencia dentro, de xuntarnos, o que fomos case todo o ano. Agora miras para atrás e quizá este mes e medio que tivemos aí malo, o non poder ter quizá un lateral todo ese tempo minguounos moito máis do que pensaramos. Puxemos parches, quitando doutras posicións e fíxonos moito dano. Agora xa estamos enfocados no que vén. Hoxe os tres estiveron a moi bo nivel, o equipo estivo moi bo nivel ante un rival de playoff porque creo que terminarán xogando playoff. É un equipo que o ano pasado estaba en Segunda e que estaba construído para ser campión igual que nós".

Queda con "as boas sensacións de todo o mundo, cun ambiente moi bo que volvemos a vivir aquí, con #ANOSAFORZA e quédome co berro final que deu ('que si, joder, que imos ascender') que eu tamén estou convencido de que o imos a facer".

Admite Borja Jiménez ser "dos adestradores que lle gusta non encaixar, que me gusta facer moitos goles, pero sempre que podamos non encaixar reafirma un pouco o traballo dos defensores, que quizá é menos vistoso que o dos atacantes, que son case sempre os que levan os méritos. Neste caso Ian Mackay, hoxe Borja, con Diego e con Antoñito, daquela Héctor, Trigueros. Temos que pór tamén en valor o que están a facer cada semana. Permítennos defender moi lonxe da nosa portería. Asumen riscos de ir a pares e home a home en todo o campo e non é fácil nin convencerlles a eles nin sobre todo que sexan tan gañadores".

Insiste en que "tivemos dentro unha semana bastante tranquila. Non houbo nada ou non notamos en ningún momento que o grupo puidese cambalearse. Hai moi boa xente, díxeno moitísimas veces, xa non os que xogan, que normalmente están contentos; senón os que non xogan, que nos están achegando moitas cousas e estannos facilitando o día a día. E iso é o máis importante para conseguir obxectivos".

Finalmente, subliña que "non saímos con presión porque temos a presión de gañar sempre aquí, independentemente do que fagan os nosos rivais, de todo o que vaia ocorrendo. O noso nivel de esixencia durante todo o ano foi gañar, gañar cada fin de semana. Non quere dicir que máis en ABANCA-RIAZOR, pero estando ante #ANOSAFORZA, que se comportaron durante todo o ano dunha maneira fantástica, o noso nivel de esixencia, independentemente do que ocorrese, é gañar, gañar e gañar. É o que nos vai a levar ao play off. Hai semanas quedaban 10 partidos, tiñamos que tentar gañar todos. Non foi así, pero agora quedan 4 dos que podamos disputar 3 e temos que gañar os 3: Tudelano e Unionistas en ABANCA-RIAZOR e Valladolid Promesas fóra porque é a mellor maneira de encarar os play off".

Pide de aquí ao final "facer máis partidos como o de hoxe, adestrar como fixemos durante estas semanas, ser tan intensos, ser tan valentes coa pelota que polo xeral che leva a conseguir o resultado".

Pola súa banda, Albert Aguilà, técnico da UD Logroñés, comentou que "o Dépor foi superior a nós desde o inicio de partido até o final. O primeiro gol parece unha falta clarísima e iso condicionounos un pouco pero non é escusa porque en liñas xerais o Dépor foi mellor e de aí o resultado".