RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "Temos moi bo grupo, moi bos xogadores, as ideas moi claras e imos todos a un tempo"

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de Las Gaunas que o partido foi "moi disputado. Quizá a primeira parte tivemos menos control do que viñamos tendo. Sentímonos nalgunha fase un pelín máis incómodos do habitual, tendo o control, sen que nos xerarán situacións de perigo. Enfrontámonos a un moi bo rival, como xa sabiamos. Desde o primeiro momento viuse a nosa intención de querer gañar mesmo coa aliñación: a altura de Juergen Elitim, que hoxe era moito maior que outros días..."

Explica que na segunda parte "fixemos algún matiz. Estamos contentos. Tres puntos máis. Queda moito. Outra vitoria fóra de casa. Xa sabedes que eu son de contas, así que nada, a seguir".

O técnico deportivista sostén que "o equipo segue evolucionando, segue crecendo. Quédanos moita marxe aínda. Contentos porque gañamos fóra de casa. Estades a ver que a competición é súper igualada, é moi difícil gañar e aquí vai ser aínda máis difícil gañar".

Está contento Borja Jiménez polos seus futbolistas porque "adestran moi ben, fan un esforzo da ostia cada día. Temos moi bo grupo, moi bos xogadores, as ideas moi claras e imos todos a un tempo".

Sobre o liderado, subliña que "a miña forma de velo vai ser sempre a mesma. Sempre que esteamos por encima quere dicir que o resto van ter que facer máis cousas das que fagamos nós. Pero non mirei a clasificación cando non estabamos primeiros e agora tampouco a vou a mirar. Claro que a viaxe agora é moito máis amena e as 7 horas de autobús pasan máis rápidas, atopas máis cousas que facer. Eu creo que o equipo o ten moi claro, somos os mesmos que na xeira que tivemos aí, onde enganchamos partidos perdidos e agora pois podemos gañar e viranos unha xeira mala. Xa vos vou advertindo porque a todos os equipos pásalles, porque isto é moi igualado. Hai que darlle normalidade, ir sumando os nosos puntos; e chegará maio e estaremos ben".