RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez ve "xusto" o empate e afirma que "temos que xerar moitísimas máis ocasións para gañar os partidos"

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-Balaídos que o partido ante o RC Celta B "foi moi trabado, con moita xente no centro do campo, bastantes perdas por dentro. A segunda parte converteuse en situacións de bastante erro técnico, de transición, de moi pouca precisión. Non houbo ataques longos. Na primeira dominamos un pouco máis en canto a atacar en campo rival, tamén condicionado porque aos 50 segundos iamos perdendo".

Por conseguinte, Borja Jiménez admite que o resultado "probablemente sexa xusto porque houbo poucas ocasións para os dous lados, o pau de Víctor Narro, a ocasión de Villares..."

Márchase molesto co rápido gol céltico porque "ademais sacamos nós, non é que o rival sacase. En 50 segundos deunos tempo a ter a pelota, perdela e encaixar un gol. Non é algo moi normal. Hai que axustar esas pequenas cousas que aos 50 segundos cambian un partido. Temos que traballar cos xogadores que desde o primeiro momento teñamos a capacidade de tomar boas decisións".

Lembra que "estamos na xornada 4. É verdade que nos gustaría ter 12 puntos pero temos 8. O equipo non perdeu. Agora temos o mércores outro partido e o sábado en ABANCA-RIAZOR importantes para nós, para situarnos, para igualamos a partidos co resto de equipos".

A estas alturas do campionato o adestrador branquiazul ve "normal que sobre todo cos novos exista ese período de adaptación. Hai xogadores como Kuki, Max, Pablo que levan connosco 19 días ou 20. Levan moi pouco tempo no equipo. É normal que lles custe un pouquiño máis. Ou a situación de Olabe que estivo moito tempo en pretemporada sen poder competir, pasounos algo parecido con Trilli, Isi tivo algunha molestia".

No entanto, ten claro que "temos que xerar moitísimas máis ocasións para poder gañar os partidos. Estamos a buscar que o futbolista se atope cómodo para que teña máis situacións próximas ao gol".

A #ANOSAFORZA dálle "as grazas como sempre" e pídelles que "animen aos xogadores. Trátase de que o xogador estea cómodo, que teña boas sensacións, séntase querido e cos novos haxa paciencia. Entendo que poidan estar descontentos".

Finalmente aclara que a substitución de Mario Soriano debeuse ao cansazo e "foi el o que nos solicita o cambio".