RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja pide calma con Noel e advirte que "o gañar ou o perder non debe cambiar a nosa forma de traballar"

Borja Jimenez aclarou esta mañá en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR que non sabe se lle faría ilusión ou non a Noel xogar a UEFA Youth League e deixa claro que "agora é xogador do primeiro cadro nunha demarcación onde é moi importante ter a todos os efectivos. Está connosco e entendo ou podo entender que se cadra lle puidese gustar. Non o sei porque é un tema que nin el preguntoume nin eu consulteille porque había pouco debate. Ten que estar connosco porque está a participar connosco, porque que está a ser importante para nós e creo que é o principal".

Insiste en pedir tranquilidade co dianteiro e cos demais mozos de #ANOSACANTEIRA: "Todo o que non xestionemos ben ao redor de Noel vaille a facer dar pasos para atrás. Temos que estar tranquilos con el. Non creo que para el fose positivo ter que asumir a responsabilidade de levar o '9' do Deportivo. Vaino a poder facer moitos anos, pero ao final temos que ter en conta que é un mozo que en febreiro do ano pasado non estaba no disparadeiro como está até agora e todo o que lle está pasando está a pasarlle moi rápido. Coñézoo desde maio, que o puiden ver xogar en directo e teño a miña valoración do que penso de Noel. Por iso está connosco no primeiro cadro, se non, non estaría connosco. O que máis aposta por Noel é o seu adestrador, que decide que sexa un dos dianteiros do primeiro equipo. Eu podería limparme as mans e dicir 'quero outro dianteiro'; e Noel a xogar co Fabril ou co Xuvenil A. Pero non porque creo que é un xogador que nos pode dar en determinados momentos, en determinados partidos, nun contexto onde, como ocorreu até agora, ao equipo lle vaia ben e haxa espazos para correr. Teño a seguridade de que nos vai a dar en días que teña que iniciar ante centrais que se poidan adaptar ás súas características, Noel vai dar moito pero temos que ter paciencia unha vez máis. Dígoo porque se non imos ir retardando todo o que lle está pasando. Ao final pódense equivocar porque son nenos. Eu cando tiña 18 anos non pensaba como penso agora que teño o dobre. Máis chamamentos á calma con Noel non podo facer nin cos mozos de #ANOSACANTEIRA. Logo, entendo que aparece un xogador da canteira emerxente e que #ANOSAFORZA tense que ilusionar porque ten boas condicións... Pero paciencia", conclúe.

Coa derrota da pasada fin de semana en Salamanca, o técnico deportivista asegura que afronta o choque de mañá venres en ABANCA-RIAZOR ante a SD Logroñés (21:00 horas, Footters) "exactamente igual. É verdade que cando perdes pois apetéceche que a semana sexa máis curta para empezar canto antes, pero con normalidade. Aquí en ABANCA-RIAZOR o equipo foi moi fiable. Despois de ver o partido do outro día non fixemos ningún demérito ou non moitos deméritos diferentes a Unionistas para perder o partido. Fixemos unha segunda parte de moitísimo dominio, aínda que é verdade que algo escasos en profundidade, pero xogamos en herba artificial, tivemos a tranquilidade de levar a pelota por abaixo, de dominar. O resultado foi malo pero as sensacións propias dos xogadores despois de volver ver o partido non son tan malas como poderiamos pensar".

Apúntase á "normalidade mañá aquí en ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA, gañar e logo pensar no que veña a semana seguinte. O gañar ou o perder non debe cambiar a nosa forma de traballar porque entón... Cando empezas a ir para un lado e para outro é cando se pode complicar o tema. Perdemos pero os rapaces adestraron moi ben durante toda a semana e temos moitísimas ganas de volver sentir ABANCA-RIAZOR".

Admite que despois do Estadio Reina Sofía, onde o rival xuntaba seis xogadores na última liña e dúas por diante moi cerquiña de centrais, estivemos vendo esta semana esa situación, como darlle solución a bloques baixos. Os xogadores quizais en directo non tiveron tanta sensación de dominio, de levar a pelota tan preto da área con tanta facilidade como a levamos. Logo é verdade que a partir de aí non tivemos esa profundidade para facer cousas diferentes nin esa velocidade que hai que ter cando estás moi cerca da área".

Non lle preocupa que o vivido en Salamanca se repeta en seguintes visitas: "Oxalá podamos dominar moitos partidos como a segunda parte porque o normal é que nun campo en mellores condicións, con máis espazo, haxa moitas máis situacións próximas ao gol. Temos xogadores de moito talento aí arriba, xogadores desequilibrantes, laterais que poden ser moi profundos. Traballamos esta semana niso porque si que é algo que temos que mellorar despois de como o fixemos o outro día ou polo menos saber que non fixemos o outro día".

Do rival, a SD Logroñés, opina que "nos imos a atopar un equipo que me sorprendeu gratamente. Gústalle asumir riscos co balón, ten xogadores para iso. É un equipo alegre, de tres cuartos de campo para adiante acumula xogadores para tentar dominar. Despois de ver o seu último partido, tiveron a capacidade de reporse dun 0-2. Un equipo interesante da categoría, un bo equipo".

Finalmente, preguntado polas restricións de aforo de ABANCA-RIAZOR para mañá venres ante a SD Logroñés, cre que é "unha faena non poder ter o cento por cento. O único que podo dicir é que estou a desexar ver o estadio cheo, porque se somos 12, 13, 14 mil persoas e o ambiente é incrible, cando sexamos o dobre non mo quero nin imaxinar".