07/08/2020 23:24 |
Borja Valle: "Voume orgulloso por todo o que vivín, por como acabou isto"
Borja Vale Balonga (Ponferrada, 9 de xullo de 1992) superó esta mañana o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo e convértese en novo xogador do Real Club Deportivo para o tres próximas tempadas.
Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, o atacante berciano mostrouse "moi contento a nivel persoal. É un paso moi ilusionante para min. Simplemente desexo que saian as cousas ben, adaptarme ben e que empece isto canto antes".
Lembra Borja que "chegar ata aquí non foi fácil. Sempre estarei agradecido por esta confianza. Agora o que queda é demostrala e agradecela en todos os sentidos".
Mostra a súa polivalencia, posto que "vin xogando de extremo e de mediapunta. Onde me atopo máis a gusto é na banda. Por cousas que pasan no fútbol tiven que xogar en varios sitios. Ao final sempre fun extremo, é onde máis a gusto me atopo".
Borja Vale ve o proxecto do Dépor como "moi ilusionante. Creo que se poden facer as cousas moi ben. Están a asinar moi bos xogadores que tentarán facer as cousas o mellor posible. É complicado, é difícil. Aquí todos vimos sumar e a facer a este Deportivo o máis grande posible".