RCD / NOVAS

Borja Vale: "Entre toda a amargura, estou a vivir un soño"

12/05/2018 21:19

Borja Valle pasouse pola zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR. Cre sobre o futuro que a temporada foi "moi complicada, moi difícil. A nivel persoal non me sentín todo o feliz que me quixen sentir. Quédame un ano de contrato. Hai que falar as cousas, hai que decidir. Non teño a cabeza para pensar no ano que vén".

O dianteiro berciano admite que "ten que sacar cousas positivas entre toda a amargura, a tristeza, o difícil que foi todo o ano. Estou a cumprir un soño, gozando cada segundo, vivíndoo ao máximo. Ao final a dinámica do equipo, a situación do Club, non favorece gozar este tipo de momentos. É certo que sendo egoísta, mirando por min, estou a vivir un soño, gozando, e moi feliz".

Do partido, comenta que "o Villarreal xogábase todo. Demostrou que é un gran equipo, que merece estar onde está. Ao final é moi difícil saír ao campo limpo e non pensar en todas as dificultades que estamos a pasar a nivel interno".

Borja subliña que "temos que defender a entidade e o escudo. Ser profesionais ante todo. Eu e os meus compañeiros ímonos moi orgullosos diso. Pero é certo que o Villarreal estivo moi ben, fixo as cousas moi ben e foron xustos vencedores".

Máis novas de: BORJA VALLE