RCD / NOVAS

Borja Valle advirte que "falta un pasiño" e Pablo Marí pide xa "centrarse moitísimo" no Córdoba

04/06/2019 23:35

Borja Valle e Pablo Marí atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Martínez Valero de Elxe.

O dianteiro berciano manifestou que "estamos contentos porque creo que fixemos un moi bo partido. Ao final non podes conseguir a vitoria. Pero tampouco se pode facer moito máis para conseguir un gol".

Indica que o equipo se marcha "con boas sensacións. É certo que se marcas aínda máis. Pero desta forma méteste co obxectivo, telo da túa man. Dependemos de nós e contentos".

Agora, despois de dar "ese pasiño, a pensar en Córdoba, a gañar e todo o que veña despois pois a gozalo tamén".

Iso si, advirte que "agora non podes pensar que como estás metido no play off xa o tes. Queda gañar en ABANCA-RIAZOR ante o Córdoba, xogámonola, dependemos de nós. Témolo da nosa mano pero falta ese pasiño".

Pola súa banda, Pablo Marí subliña que o Dépor "fixo un gran partido hoxe. Faltounos o meter o gol. Tivemos ocasións moi moi claras pero ao final o peso do partido levámolo nós. O fútbol ao final dáche que o Cádiz hoxe perda e a oportunidade de meterte en play off. Dependemos de nós mesmos".

O defensor deportivista queda con "a sensación do equipo que o tentou até o final. Levámonos o premio que o Cádiz perdeu e estamos dentro. Agora mesmo concentradísimos no partido do sábado, que temos que saír a matar. É algo que temos nós e non o podemos deixar escapar".

Pablo Marí non quere relaxacións a pesar de que o Dépor ocupe posto de play off: "Ao final cando te relaxas, o fútbol devólvecha. Centrarnos moitísimo no partido do sábado. Xogamos en casa, coa nosa xente, e iso ao final tense que notar", conclúe.

Máis novas de: BORJA VALLE, PABLO MARÍ