RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle asegura que os futbolistas branquiazuis "estamos convencidos de reverter a situación"

Borja Valle, un dos capitáns branquiazuis, pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrancar o adestramento do día.

Confesou que a que está a atravesar o Deportivo "non é a mellor das situacións. O vestiario está fodido porque o tentas e as cousas non acaban de saír. Pero hai moito tempo, isto acaba de empezar. Temos 1.000 días para reverter a situación e estamos convencidos diso, que é o importante".

Ademais, engade que "non che fai feliz" estar tantas semanas sen gañar: "Loitas cada semana, adestras cada semana para conseguir a vitoria e para obter esa recompensa. Non angústiache pero vaiche facendo dano".

Preguntado pola presión e o estado de confianza do cadro, Borja Valle apunta que "cando as cousas non acaban de saír, o resultado non acaba de chegar, a situación non é a mellor. Dentro do campo é a situación máis complicada. Cando as cousas saen, todo flúe. É moito máis fácil conseguir os resultados. É certo que non estamos a facer as cousas o mellor posible, tentámolo e non acaban de chegar os resultados. Pero adestramos cada día para conseguilo. O obxectivo é moi ambicioso. Todos sabemos o que representa o Deportivo e os obxectivos polos que loita. Todo o que non sexa gañar sempre lévache á presión. Temos que quitarnos dela, dar nosa mellor versión para tentar gañar canto antes".

Nesta liña, recalca que "cando as cousas non saen, a confianza mingua. Cando as cousas saen, todo flúe e todo parece moito máis bonito, e os xogadores parecen moito mellores. Agora non parecemos bo ningún e parece que non vaiamos conseguir gañar nunca. O fútbol é un estado de ánimo e cando as cousas non saen é moito máis complicado".

A nivel persoal, di sentirse "ben" e "contento" após superar unha lesión nun pé "bastante dolorosa. Repetiuse o do ano pasado, no mesmo dedo. Desafortunadamente foi un compañeiro nunha acción fortuíta. Agora xa está esquecido e estoume centrando en xogar, dar o mellor de min e tentar axudar a este Deportivo a conseguir o obxectivo e a tentar gañar canto antes".

Preguntado polo ambiente de decepción en ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, tralo empate ante o CD Mirandés, ao atacante deportivista xéralle "tristeza. Cando a xente expresa ese sentimento, e non é nada bo, xérache tristeza. Cada un é libre de pensar o que queira e o público expresa a súa desconformidade así. Nós non podemos meternos, debemos tentar reverter esta situación, tentar gañar, dar o mellor de nós cada día para que eses cánticos sexan do revés".