RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle: "Conseguimos chegar onde queriamos, e moi vivos"

Borja Valle cualificou esta mañá na sala de prensa de Abegondo de "gran rival" ao Real Mallorca, equipo ante o que o Dépor xogarase o ascenso a LaLiga Santander: "Fixo unha temporada magnífica, un club que leva dous anos co mesmo adestrador, que ten os automatismos moi claros, moi marcados, coñécense moi ben. Fai mellor campaña que nós a nivel clasificatorio e está a facelo moi ben".

O dianteiro berciano advirte iso si que, "despois dunha campaña moi larga de moitos partidos, de moitos altibaixos, de moitos comederos de cabeza, conseguimos chegar onde queriamos e moi vivos".

Recoñece que superar a todo un Málaga CF "refórzache o traballo de todo o ano. Cando chegas a esta eliminatoria tócache un equipo como o Málaga e falo ben, es capaz de pasar de rolda... Estamos contentos, estamos ilusionados, con moita ambición, con moitas ganas".

Dos duelos ligueiros ante o Mallorca, saldados cun 1-0 para cada equipo en Son Moix e ABANCA-RIAZOR, di Borja que "a estas alturas nos coñecemos moi ben os dous. Cada equipo ten suficientes armas para facer dano ao rival. Temos que facer o noso partido, non creo que fagamos nada diferente ao que fixemos durante todo o ano. Temos unha identidade. Todos os xogadores renderon a bo nivel. Temos que planificar o partido o mellor posible, e ser descarados".

Recalca que a mellora do Dépor está en "sobrepoñernos á mala xeira que tivemos. Ese maldito mes que nos marcamos cun obxectivo que era gañar os 4 partidos, puntuar... fíxonos moito dano. Exceder esa mala xeira que nos fixo tanto dano, que non eramos capaces de gañar en ABANCA-RIAZOR. Volver gañar en casa, volver ter á afección enchufadísima, volver ver a todo o mundo ilusionado, é a maior mellora que temos".

A nivel físico, o futbolista branquiazul subliña que "estamos ben. Somos un bloque compacto. Sabemos o que temos que facer".

De cara ao partido de ida deste xoves 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar Partidazo), Borja indica que "xogaremos en casa, diante de 30.000 persoas. Vímolo na anterior eliminatoria contra o Málaga CF, é importante estar todos unidos, a unha. O outro día na segunda parte cando o Dépor remonta e consegue o que consegue non só é polos xogadores senón que é un conxunto de todo. Vai ser vital nesta eliminatoria que esteamos todos xuntos. Non temos dúbida de que o campo vai estar a rebentar. Ao final xoga a ilusión, a ambición de poder conseguir o obxectivo".