RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle está convencido de "facer un bo grupo" e Edu agradece "a axuda dos meus compañeiros"

Borja Valle e Edu Expósito, dous dos futbolistas que xogaron o noventa minutos no Estadio Carlos Tartiere, foron os protagonistas na zona mixta do estadio asturiano.

Así, Borja recoñeceu que o desta noite foi "un partido moi especial. É practicamente a miña casa, onde crecín como persoa, como futbolista. Gárdolle unha estima incrible".

Tras empezar pola esquerda e acabar en punta de ataque, explica que agora en pretemporada son momentos de "facer esas cousas, esas probas, de inventar un pouco o fútbol e de axustarnos todos. Evidentemente faltan cousas, falta xente por chegar, mecanismos..."

Está convencido Borja Vale que "imos facer un bo grupo, unha boa piña. Imos coñecernos todos".

Sobre o seu futuro, advirte o atacante berciano, que "a miña idea é seguir adestrando día a día, seguir mellorando, axustarme ao equipo, axustarme ao adestrador, á posición que o míster requira. Non penso en entrar, nin en saír. Teño que pensar en xogar, en crecer".

Pola súa banda, Edu Expósito, subliñou estar "moi contento. Sabiamos que ía ser un partido difícil. O equipo xogou ben, estamos en construción, aos poucos".

Do empate sen goles ante o Real Oviedo, o centrocampista branquiazul viu un partido igualado, aínda que opina que na segunda parte "chegamos un pouco máis".

Recalca nesta a súa primeira pretemporada no primeiro equipo que "os compañeiros me están axudando moito".