RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle: "estes partidos serven para moito"

O berciano Borja Valle foi o protagonista do partido co seu gol de penalti e en zona mixta após o Dépor-Ponferradina en Vilalba.

Persoalmente, xogando de delanter atópase "Ben, estou aberto a todo tipo de situacións, agradecido porque se me utilice a min e feliz e contento por seguir achegando, tendo boas sensacións e porque o equipo gañe".

Sobre o valor destes partidos cre que "Si que valen, valen para moito porque é un ano novo, con xente nova, conceptos novos. Pódense sacar cousa moi positivas e as negativas analizalas e melloralas porque queda moi pouco, isto empeza xa. Sempre quero gañar e todo suma, pero estes partidos serven para coller sensacións e automatismos e coñecernos e ao equipo véxoo con fame, ilusión, dúbidas e desaxustes: o propio da pretemporada".

Mentalmente sente: "Ben, limpo, coa cabeza limpa e esquecido o sucedido, xa con ilusión, con enerxía renovada ante unha temporada bonita e ilusionante".