RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle, Gerard e Somma, novidades na lista de convocados para Majadahonda

O Dépor viaxa hoxe sábado 1 de decembro a Madrid con 18 futbolistas, para visitar o domingo 2 (12:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) ao Rayo Majadahonda, en partido correspondente á 16ª xornada en LaLiga 1|2|3, con 18 futbolistas.

As novidades son o regreso do atacante berciano Borja Valle e dos defensores Gerard Valentín e Somma.

Quedan fóra da convocatoria de maneira forzosa Pedro Sánchez, Dubarbier e Fede Cartabia, lesionados; e David Simón e Domingos Duarte, sancionados cun partido por acumulación de amoestacións.

No adestramento desta mañá, despois dun quecemento e unha tarefa de finalizacións, os futbolistas branquiazuis realizaron un partido a medio campo e, para concluír, ensaio de accións a balón parado, baixo a supervisión do técnico Alejandro Esteve.

Os convocados viaxan este mediodía a Madrid, segundo esta folla de ruta:

Sábado 1 de decembro

16:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid - Barajas
17:15: Chegada aproximada a Madrid - Barajas e aloxamento no Hotel Meliá Madrid Serrano

Domingo 2 de decembro
12:00: Rayo Majadahonda - Deportivo, no Cerro del Espino (Majadahonda)
18:40: Saída do voo do Aeroporto de Madrid - Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña
19:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Após o encontro en Majadahonda, Natxo González citou de novo ao seu equipo o martes 4 de decembro ás 11:00 en Abegondo.