RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle: "O partido ante o FC Porto veunos moi ben para darnos conta de certas carencias"

Borja Valle foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Indicou estar "moi contento" tras marcar o seu primeiro gol no Estadio ABANCA-RIAZOR, o pasado sábado fronte ao West Bromwich Albion na LXXII edición do Trofeo Teresa Herrera: "Todo xogador desexa marcar un gol diante da súa afección, no seu propio estadio. Esta fin de semana deuse a oportunidade, saíu ben. A nivel individual, moi feliz".

Valora positivamente esta pretemporada a nivel individual: "Estou moi feliz. Ao final poderei xogar en varias posicións e que o míster che utilice é bo sinal. El deume a súa confianza. Eu dediqueime a adestrar, se é de lateral a facelo o mellor posible e se é de dianteiro, pois mellor".

Subliña que Pepe Mel "transmitiume desde o principio a súa confianza. O meu pensamento só pasa quedarme aquí, crecer como futbolista, asentarme, estar feliz, e sumar".

Comenta que o técnico "ve como algo positivo" a súa polivalencia, xa que esta pretemporada xogou de extremo, lateral e dianteiro centro. "O míster o ve como algo positivo, eu o teño que ver como algo positivo. Se o míster o ve desa forma, eu o único que podo facer é velo igual, achegar, sumar e ver as cousas con positividade", engade.

Da marcha do equipo este verán, Borja Valle advirte que o partido ante o FC Porto "veunos moi ben para darnos conta de certas carencias que a nivel individual e colectivo temos que solucionar. A pretemporada véxoa positivamente. O outro día xogouse un bo partido con cousas positivas e cousas negativas que sempre hai. Foi unha pretemporada moi positiva".