RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle ve o marcador como "golpe de realidade" e Edu cre que faltou "ese puntiño de agresividade"

Os goleadores en ABANCA-RIAZOR, Borja Valle e Edu Expósito, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta.

O dianteiro berciano márchase cun sabor "agridoce por como acaba todo. 30 minutos moi bos cun inicio da primeira parte moi bo, no que che pos 2-0 e pensas que tes todo feito. Esta liga é así. No momento que che relaxas un pouco, o outro equipo loita polos seus obxectivos e dáche un golpe de realidade".

Iso si, Borja advirte que "sacamos moitas cousas positivas deste partido. Ao final se todo isto serve para aprender, benvido sexa. É certo que che dá un golpe de realidade, que che fai volver poñer os pés no chan e darche conta que en ABANCA-RIAZOR es forte pero que os equipos van vir a gañarche igual".

Durante esta semana, segundo o ariete branquiazul, "toca analizar as cousas positivas. Temos outra oportunidade a fin de semana para darlle a volta, para mellorar e para que non volva ocorrer".

Pola súa banda, Edu Expósito lamentouse de que "se nos escaparon os 3 puntos que tiñamos aí, que eran importantes para nós".

Mostrouse "contento" co seu gol que abría o marcador, pero "agora non vale porque non sumamos os 3 puntos".

O centrocampista catalán apunta que tralo descanso, "eles tamén apertaron. Ao final nós non entramos con ese puntiño de agresividade".