RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle, xogador Estrella Galicia de xaneiro

- Galería fotos entrega Xogador Estrella Galicia -

O dianteiro berciano do Real Club Deportivo, Borja Valle, foi recoñecido hoxe como Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro, a elección dos afeccionados do Dépor, após os partidos disputados contra Lugo, Mallorca, Albacete e Real Sporting.

Case 3.000 seguidores (2.991 exactamente) participaron na votación a través de Twitter. Borja levou o 48% dos votos, Fede Cartabia o 29% e Álex Bergantiños o 23%. Estes candidatos foron elixidos os xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo, que xa incluíran a Borja na terna de finalistas de decembro.

Ao recibir o seu premio Borja quixo "dar as grazas a Estrella, os medios e a afección por molestarse e preocuparse en votarme. Non foi fácil chegar a este momento, é o primeiro premio físico que recibo como Deportivista. Custou moito polo que me fai especial ilusión. Con esforzo, traballo e constancia todo chega e é un motivo máis para seguir loitando por un obxectivo tan bonito como o que temos. Espero que sexa o primeiro de moitos", finalizou.

Borja Valle recolleu o trofeo na Cidade Deportiva de Abegondo de mans de Omar Lamela, da Cervecería Rúas. Pola súa banda Borja entregou a camiseta do equipo enmarcada para lucir no establecemento do mes, situado na Rúa Constitución, 18 de Cambre.

Borja Valle únese a Dani Giménez, Carlos Fernández, Quique González e Edu Expósito, no quinteto de gañadores deste galardón no que vai de temporada.