RCD / NOVAS

Bosnia, con Medunjanin de titular, cae en Dublín e di adeus ao Euro 2016

Bosnia Herzegovina, con Haris Medunjanin de titular, cayó onte luns 16 de novembro en Dublín (2-0) no partido de volta da eliminatoria de repesca ante a República de Irlanda. O centrocampista branquiazul foi titular e jugó 69 minutos, sendo substituído por Duric.

17/11/2015 10:19

Na ida disputada en Zenica (1-1) o pasado venres, Medunjanin non saltou ao terreo de xogo coa súa selección, Bosnia Herzegovina.

Con estes dous resultados, Bosnia quedou apeada da Eurocopa 2016.

Fayçal, que xa está na Coruña, xogou o pasado domingo 84 minutos con Marrocos

O pasado domingo 15 de novembro en Bata, Marrocos, na que foi titular o deportivista Fayçal,  caeu (1-0) ante Guinea Ecuatorial o partido de volta desta eliminatoria de clasificación para o Mundial de Rusia 2018. O centrocampista branquiazul estivo sobre o céspede 84 minutos, ata que foi sustituído por Nakach.

Fayçal Fajr non chegou a saltar o terreo de xogo no triunfo de Marrocos (2-0) ante Guinea Ecuatorial no Estadio de Agadir o pasado xoves, no encontro de ida.

O atacante deportivista regresou onte luns pola tarde á Coruña, para incorporarse hoxe martes aos adestramentos co Dépor.
 

Máis novas de: MEDUNJANIN

RCD / Noticias Relacionadas

06/11/2015 22:32 |

Medunjanin xógase con Bosnia o pase á Eurocopa 2016

  Haris Medunjanin xógase co seu selección, Bosnia Herzegovina, o pase á Eurocopa 2016 nunha eliminatoria a dobre partido ante a República de Irlanda. A ida será o venres 13 de novembro ás 20.45 en Zenica (Bosnia), e a volta en Dublín o luns 16 de novembro ás 19.45. O mediocentro deportivista incorporarseá á concentración do seu selección nada más concluír o Levante - Deportivo, de mañana sábado 7 de novembro ás 18.15 no estadio Ciutat de Valencia (Canle + Liga / Abono Fútbol).