RCD / NOVAS

Bosnia, con Medunjanin titular, imponse a Israel

Haris Medunjanin disputó onte venres 12 de xuño en Zenica con Bosnia Herzegovina un partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016. O rival foi Israel, á que derrotó (3-1), co que os bosníacos manteñen esperanzas de clasificación para o torneo continental. O centrocampista branquiazul disputó o noventa minutos de partido.

13/06/2015 08:59

Por esta razón, o mediocentro deportivista comezará a pretemporada co Deportivo o próximo 13 de xullo.

Celso Borges, titular con Costa Rica

Así, Celso Borges foi titular no partido que Costa Rica disputou no Estadio Reyno de León ante España (2-1). O mediocentro deportivista, de cuxas botas naceu a xogada do 0-1, xogou 88 minutos, e foi substituído por Saborio.

Borges foi titular o pasado sábado en Buenos Aires nun amigable disputado ante Colombia, e que se saldou con triunfo colombiano (0-1). O futbolista do Dépor xogou os primeiros 63 minutos, ata que foi substituído por D. Guzmán.

O calendario de partidos de Costa Rica inclúe estes amigables:

-COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

ESPAÑA 2 - COSTA RICA 1

-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, presenta este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Piette gañou en Dominica con Canadá

Sam Piette xogou esta madrugada o noventa minutos do partido de ida da eliminatoria de clasificación para o Campionato do Mundo. Foi en Roseau, capital de Dominica. Venceron os canadenses (0-2). O encontro de volta celébrase o martes 16 de xuño en Toronto.

Por este motivo, o centrocampista do filial branquiazul pérdese o partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso a Segunda División B, que a Fabril disputa ante a UD San Pedro en Abegondo este domingo 14 ás 17.00 horas.

Piette foi convocado ademais para xogar a Copa de Ouro da CONCACAF en xullo, en Estados Unidos.

Os partidos programados son os seguintes:

-DOMINICA 0 - CANADÁ 2

-16 de xuño: CANADÁ - DOMINICA (clasificatorio para o Mundial) en Toronto

A Copa de Ouro da Concacaf ten o seguinte calendario:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Máis novas de: MEDUNJANIN

RCD / Noticias Relacionadas