RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda advirte que o luns "nos imos a atopar un partido moi parecido ao que poden ser os play off"

Eneko Bóveda manifestou esta mañá en rolda de prensa que "a lóxica di que todas as nosas posibilidades pasan por gañar os 3 partidos. Tería pouca volta atrás non sacar un bo resultado este luns" en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV).

Por conseguinte, o defensor deportivista cre que no vestiario "maioritariamente estamos con esa sensación de urxencia, de falar de finais. Pero xa desde a semana pasada, ou a anterior ou a anterior da anterior. Eu tentei transmitir un pouco a sensación de que xa estabamos en play off, de que había que gañar, gañar, gañar e gañar porque xa era a previa dos play off. É a forma de afrontala. Agora se cabe con menos marxe de erro".

Asegura que, aínda que o equipo non foi capaz de encadear durante a temporada 3 vitorias seguidas, "é o momento de facelo. Alá imos. Ao final pensar no Elche CF non nos vai a axudar a gañar ao Mallorca. O ideal para afrontar este partido é ter moi claro quen é o Mallorca, quen van xogar, como xogan. Estar pendentes de nós tamén, de ter unha boa semana. E ter presente que é gañar ou gañar".

Recoñece Eneko que "no último partido para a xente que foi alí (ao Anxo Carro) con toda a ilusión foi un trompazo e custou levantarse diso; incluso moita xente golpeando a tele vendo o noso partido. Pero despois vén outra oportunidade. De momento non estamos descartados a nada. Ninguén nos di que en 5 semanas todos esteamos abrazados e saltando. Tampouco me parece unha opción lóxica tirarse do barco agora".

En relación ao horario do partido, o luns 27 pechando a xornada, o defensor vasco, un dos futbolistas máis experimentados do vestiario, insiste en que "toda a atención que se desvíe do noso partido non nos vai a axudar. Sendo conscientes de que tes hoxe en día a aplicación de LaLiga, mil páxinas de internet para ver os resultados en liña, é o partido televisado; e é difícil abstraerte de algo que che incumbe tanto. Pero se imos ser prácticos, o mellor é estar o menos pendente posible deses partidos, pensar no Mallorca, que podo facer, como me gaño o posto para xogar contra o Mallorca, que indicacións me da o míster... e así se gañan os partidos. Non se gañan vendo ao resto".

Precisamente cualifica ao conxunto balear como "un rival directo, con moitísima vantaxe sobre nós tendo en conta o que queda de liga. Non creo que eles estean relaxados, nin pensando que pase o que pase contra o Dépor non pasa nada. Ímonos a atopar un partido moi parecido ao que poden ser os play off. Sendo verdade que a súa situación é moitísimo mellor que a nosa. Tentaremos recortarlles esa vantaxe e xornada a xornada verase o que vai pasando".