RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda: "Aprendemos a gañar e queremos seguir gañando"

Eneko Bóveda explicou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo que "as cousas cambiaron bastante. Está a ser unha temporada inexplicable en moitos sentidos. Agora parece que estamos nese momento no que as cousas saen, saen e volven saír. Con alegría, algo de desafogo pero con esa sensación de que aínda non nos permitimos gozar. Sufrimos moito, fixemos sufrir moito e iso fainos ser cautos e poñernos esa barreira á hora de soñar, gozar ou como queira que se chame".

O lateral deportivista advirte ser "moi consciente do que foi o groso da temporada, esa famosa primeira volta. Tendo moi presente iso e sendo consciente de que podes caer en calquera momento, podes caer moi baixo e iso fai ver as cousas de forma diferente. Por unha banda dificúltache ou pon barreiras á hora de facer castelos no aire e por outra valoras cada triunfo como un logro importante".

A nivel persoal móstrase "contento porque no último cambio gocei de moito protagonismo no campo. E iso unido á boa serie do equipo ou boa dinámica está a facerme gozar máis que noutros momentos onde fomos máis débiles".

Da UD Las Palmas, rival este sábado 1 de febreiro en ABANCA-RIAZOR (18:15 horas, #Vamos), subliña que "se lle preguntamos ao adestrador ou Presidente se queren contar con Jonathan Viera ou non pois nos dirían que si. Iso non quere dicir que só poidan gañar con Jonathan. Nós preparamos o partido cos que cremos que van xogar. Tamén fixeron incorporacións eu creo que boas, como bo Club que é Las Palmas. A un non se lle esquece tamén o partido de alí, o desastre que foi. Se axuda a enfocar este partido cun punto máis de ambición, benvido sexa".

Eneko Bóveda alerta ademais que este equipo "ten unha materia pendente que aínda non cursamos, que é a seguinte derrota. ¿Como imos encaixar a seguinte derrota que antes ou despois virá? Ese será o momento no que este equipo demostrará que algo aprendeu, que se fixo máis forte e que ante a adversidade ten recursos. De cara ao futuro, foi e está a ser unha temporada enriquecedora por dicir algo porque moitos esquemas que un dá por bos se han ir ao traste, polo menos na miña cabeza".

O defensor branquiazul insiste en que "me era imposible dar unha explicación ao mal que nos ía todo e razoar ou justificar como se pode pasar da noite ao día desta forma tan radical. Os méritos, igual que as culpas, serán repartidas. Houbo cambios, os cambios algo de responsabilidade ou mérito terán, o bo fai que esteas máis feliz e iso traia máis cousas boas. Pero un non sabe se isto empezou co gol de Peru (Nolaskoain) ao CD Tenerife, ou se empezou en Illueca co partido aquel que fixemos, ou se veu máis tarde e un non sabe cando e porqué. O que si é que queremos agarrarnos a esta boa senda. Aprendemos a gañar e queremos seguir gañando. Tamén temos que aprender a perder sen caernos".

Finalmente, preguntado pola iniciativa do Club de repartir unha camiseta a cada afeccionado que asista ao partido deste sábado en ABANCA-RIAZOR, opina que "nunca fun de darlle demasiada importancia a cousas alleas ao que son o verde e os que participamos directamente no partido. Pero este ano, e é unha as cousas que me cambiou os esquemas, é a importancia que nun momento dado poida ter unha contorna favorable ou desfavorable, eufórica ou deprimida, sen quitarnos ningunha responsabilidade a nós. A onda positiva é un dos factores que nos está axudando. Os dirixentes son moi conscientes que iso axuda poñendo en marcha diferentes iniciativas para que isto mantéñase, avívese e non decaia. Moi contento de que podamos dar á xente que quere ao Dépor a maior das alegrías posibles. E ver que esa sintonía, esa alegría, esas ganas de gozar do seu equipo, de sentir os seus, é moi importante que a afección senta ao equipo seu, aos seus xogadores seus, que os ame, que os respecte. Se imos unidos vai ser máis vantaxe que desvantaxe".