RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda asegura que o equipo "ten que ser capaz de afrontar o partido do luns con garantías competitivas"

Eneko Bóveda atendeu aos medios de comunicación ao concluír o partido en Anduva.

O defensor vasco admite que o vestiario está "tocado. Cada un leva o golpe como pode ou como lle sae. Pensemos o que pensemos nestas próximas horas non vai influír en nada na nosa situación".

Asegura que o equipo "antes de que acabe a temporada ten que ser capaz de afrontar o partido do luns con garantías competitivas no aspecto psicolóxico".

Recalca Eneko que "calquera que estea na posición na que nós estamos sofre, prepárase como se pode, e un sempre pensa que está preparado. O campo dirá se os xogadores foron capaces de xestionar esas dificultades emocionais".

Non lle sae pedir nada á afección branquiazul, "simplemente trasladar que nos doe a nosa situación e que nos comprometemos a facelo o mellor que podamos até o luns", conclúe.

Con tres derrotas nos tres últimos partidos, opina sobre as causas que "haberá problemas psicolóxicos, técnicos, físicos... Hai uns rivais enfronte tamén. É difícil de explicar para nós como en poucas horas pasas de facer o partido do Huesca ao do Málaga. Non é o momento para que nós fagamos balances nin para que nos fagamos máis dano nós mesmos. Son horas para tentar preparar dalgunha maneira a mente e as pernas para o luns. Despois falaremos de forma diferente porque a temporada acabaría e cada un fará as valoracións".