RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda: "Con humildade temos que pelexar por ese obxectivo humilde pero á vez tan importante como é a salvación"

Eneko Bóveda compareceu esta mañá ante os medios informativos na súa primeira rolda de prensa como xogador do RC Deportivo.

O defensa vasco asegura ter "toda a fe do mundo en que o adestrador (Cristóbal Parralo) é o que vai conseguir os obxectivos connosco. Temos que pensar que el confía no cadro, o cadro confíe nel e é a fórmula para que salga a relucir a calidade do equipo e que os resultados vaian acompañando".

Di sentirse cómodo tanto de central como de lateral dereito: "Vai ser o míster o que me vexa, o que vexa as características que teño, onde podo ser útil dentro deste cadro, onde podo axudar".

Opina que o cadro do Deportivo "ten moi bos xogadores" e, por este motivo, apunta que "é probable que a principios de temporada houbese outras ilusións ou outros obxectivos. Agora xa estamos nesta posición. Non debemos pensar que somos o leite, porque non o demostramos. Con isto e con humildade temos que pelexar por ese obxectivo humilde pero á vez tan importante como é a salvación. Con traballo sacalo".

Insiste en que o Dépor é un equipo "de calidade, con calidade individual, que probablemente se meteu nesa dinámica onde aos poucos se vai perdendo confianza en ti, no da túa beira. Búscase un pouco ese punto de inflexión onde saia a relucir a calidade do cadro, e buscar un camiño ao que agarrarse".

Preguntado polo 7-1 do pasado domingo no Estadio Santiago Bernabéu, Eneko Bóveda ponse "un pouco na pel dos que xogaron, que son os que ao final máis sufriron. A afección se sentirá doída, pero a xente que xogou diríache que mesmo máis. Ao final tócache o ego, a moral e toda a confianza que tes. O grupo imaxino que estará baixo de confianza pero conscientes de que o sábado temos unha historia completamente diferente e que non podes tirar partidos, pero a partir de agora pensar niso e deixar o outro atrás".

Sostén que chega do Athletic Club, "onde estaba moi a gusto", ao Deportivo "con ilusións renovadas. Teño toda a ilusión do mundo. O que leva máis paus terá a súa confianza tocada, pero isto é cambiante e hai que pensar que aos poucos, con pouquiños resultados a favor, pode cambiar todo e no ambiente veranse máis sorrisos".

Do choque deste sábado 27 de xaneiro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Levante (13:00 horas, Bein LaLiga), correspondente á 21ª xornada de LaLiga Santander, Bóveda apunta que "é un partido que todo o mundo sabe da importancia que ten. Poden abrir oco connosco ou podemos alcanzarlles. É un rival que agora mesmo é directo. Esperemos que segundo avance a liga metamos a máis equipos nesa pelexa. Pero agora son os que son".

Pide que "ninguén desprece ao Levante por ser recentemente ascendido porque ten xogadores de Primeira División en toda regra e non nos van a regalar ningún gol".