RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda lembra a complexidade do obxectivo do Dépor, posto que "é evitar algo malo, non conseguir algo bo"

Un dos futbolistas con máis experiencia no fútbol profesional, Eneko Bóveda, pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista admite que, dada a situación clasificatoria do Deportivo, "presión temos. Ao final temos un reto no que se pode dicir que podemos perder moito e gañar non tanto. O reto é difícil, é evitar algo malo, non conseguir algo bo. Pero botaremos contas de cantos partidos hai que gañar. Eu creo en enfocar cada partido tentando chegar ao teu máximo nivel e deixando un pouco á beira obxectivos grupales ou onde está o equipo clasificatoriamente. Se un fai por achegarse á súa mellor versión e iso trasladámolo a 11 sobre o campo, é o mellor enfoque para unha competición".

Cre que "os estadios baleiros algún efecto teñen que ter sobre os equipos e sobre os resultados cando durante as temporadas enxalzamos a figura da afección, da importancia que ten, os chamamentos que facemos. O bo enfoque sería xogar todos os partidos igual, que en ABANCA-RIAZOR non se notase a falta dos nosos e que fóra o outro equipo si o notase. Ao final, dependendo dos resultados, sacaranse conclusións. Do que se trata é de preparar ben a competición e logo ao final pensar que as condicións son iguais para todos e que canto menos se pense nos cambios deixaremos á beira as escusas ou posibles escusas".

Preguntado sobre a importancia dos primeiros partidos, Eneko lembra que "matematicamente todas as xornadas valen o mesmo. Pero logo é verdade que cando ganas un partido estás máis preto de gañar o seguinte que cando perdes, porque o estado de ánimo inflúe. Non hai máis que ver a nosa curiosa temporada. Prefires empezar gañando, seguir gañando e acabar gañando".

O defensor branquiazul opina que durante esta pandemia "as conversacións desviáronse do xogo a temas que non son habituais noutros escenarios. A medida que as noticias foron mellores achegámonos á competición, todo vai tomando un aire de normalidade dentro do que é isto. Todo é diferente, é unha pretemporada para finalizar unha temporada".

Subliña que "estamos preparados e supoño que ao final en todos os lados o ambiente que se respirará será parecido".

A nivel persoal asegura estar "ben. Estaba moi ansioso por incorporarme, por vivir o día a día en grupo. Agora mesmo son un máis, cousa que tampouco garante que non me vaia a pasar nada de aquí a final de temporada. Para mañá son un máis e agora creo que estamos todos dispoñibles".

Precisamente do tema das lesións, Eneko Bóveda indica que "hai evidencias de que xogando dous partidos por semana a xente ten máis lesións musculares, multiplícanse até por catro. Iso vai ser difícil evitalo pero hai unha serie de compoñentes do Club, médicos, fisioterapeutas, nutricionistas... que están pendentes de tentar facer o posible no tema de prevención de lesións e demais. Se de aí pódese sacar unha vantaxe porque fas as cousas mellor que outros equipos, é unha vantaxe importante. Somos moitos en cadro, duns a outros tampouco hai unha diferenza notable pero o adestrador sempre quere ter todos á súa disposición, e elixir el".