RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda, que cre que o partido do Huesca "fainos moito dano", queda con que o equipo "está a coller forma"

Eneko Bóveda manifestou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "sigo pensando que temos tempo e vimbias. A partir de aí oxalá non fagamos outro partido deses (en referencia ao do Huesca en El Alcoraz) nunca máis".

Explica que "hai un día que nos fai moito dano, que é o día do Huesca. Cambaléanse os cimentos que se estaban creando desde pretemporada. Sen ser unha pretemporada brillante, vía certo crecemento e marxe de crecemento. Gañamos o primeiro partido sen brillo pero xa nos gustaría agora ese mesmo partido. E chega o partido do Huesca, no que non nos presentamos. Fixo moito dano ao equipo. Saímos danados e a partir de aí, case unha volta a empezar. Nesa volta a empezar, vexo que o equipo non se está afundindo aínda que os resultados sexan peores que as sensacións. Onte para min era unha proba de lume importante para ver o carácter e o corazón do equipo. Ao final iamos nunha situación clasificatoria moi mala, a un campo no que te atopas cunha intensidade moi boa de parte deles, a bancada apértache e cousas desas que ás veces inflúen. Poñémonos por detrás no marcador con moito mérito deles, e o equipo non decae, compite, dá a cara. Ao final saca o empate. Sen dar por bo o resultado, quedo con iso, con que o equipo non se está desfigurando. Ao revés, está a coller forma. E nun partido que era perigoso, mantivémonos vivos".

Para acelerar o proceso de adaptación das pezas, 5 delas chegadas o pasado 2 de setembro co peche do mercado de fichaxes, Eneko Bóveda, un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario branquiazul, pide "ter as orellas tesas, escoitar moito e obedecer moito. Nesas estamos. No fútbol moitas veces un mal partido, un mal resultado supón un gran revés, máis en equipos como o noso que teñen ambicións importantes. Teño unha pena enorme, un desgusto desde o día do partido do Huesca, que nos fixo retroceder en algo que eu vía que podía crecer".

Lamentouse de que "levamos moitos marcadores en contra que xeralmente son as situacións nos que a maioría de adestradores fan máis cambios. Oxalá os resultados sexan mellores e póidanse consolidar certos mecanismos, certos patróns de xogo, que loxicamente con marcadores a favor, con resultados a favor son moito máis fáciles porque todos estamos máis contentos co que vemos".

Aínda que confesou estar contento por recuperar onte en Xixón a titularidade no lateral dereito, recoñece que ten unha sensación "agridoce en todo, no xogo e no resultado. Hai unha sensación de euforia ou liberación no último minuto de partido, pero por outra banda queriamos gañar, e non puido ser".

Preguntado polo VAR, que onte foi decisivo no penalti que supuxo o gol de Aketxe, defíneo o defensor vasco como "unha ferramenta que ao árbitro déixalle tomarse o seu tempo para tomar unha decisión. E se a toma con tempo, coa formación que teñen eles... Cada un temos a nosa opinión, pero a voz máis autorizada é a do árbitro".

Advirte nesta liña que "temos que asumir que o erro cero non se pode conseguir. A partir de aí, o VAR achega no sentido que despexa as dúbidas que poida ter o árbitro. Persoalmente cando o árbitro vai a pantalla, quítanseme as ganas de protestar porque o ve el, sabe as regras do xogo e vai tomar unha decisión totalmente argumentada".