RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Brais Suárez: "Hoxe reflectiuse que moitos podemos chegar todo o máis alto deste Club"

O capitán Brais Suárez quixo en primeiro lugar dar "as grazas a #ANOSAFORZA por este ambiente. Sabiamos que ía ser un partido bastante difícil, pero puidémolo afrontar bastante ben. Á hora de celebralo non sabes como reaccionar. É unha nova experiencia, con moita xente ao redor, os sentimentos a flor de pel... Foi espectacular".

O gardameta branquiazul comentou que "o adestrador de porteiros (David Vidal) xa me avisou de como se ía a expor o partido. Díxome que seguramente non me ían a chegar moito, polo que se deu hoxe, que fomos bastante superiores. Pediume estar concentrado, que o fútbol non é só parar e tocar a pelota, se non manter á xente concentrada. O equipo estivo bastante concentrado e cometemos moi poucos erros".

Confesa esta noite sentir "un pouco de todo: nervios, excitación... porque cando metes o primeiro queres meter o segundo, cando metes segundo queres meter o terceiro e así sucesivamente. Houbo un momento do partido, sendo un menos, que lle metemos moita présa e había que manter a calma. Creo que o equipo o soubo levar ben, de feito é o que se transmitiu no partido. A xente demostrou un nivel de profesionalismo enorme e estamos dispostos a mantelo así sempre para que #ANOSAFORZA, o deportivismo e todo o mundo estea contento".

Brais lembrou aos profesionais de #ANOSACANTEIRA: "Trabállase ben na canteira. Hai profesionais moi bos, recoméndannos, sempre buscan o mellor para nós e creo que aos poucos se está vendo reflectido.

Agora o premio están a levalo Noel, Trilli... pero se seguimos traballando, hoxe reflectiuse que moitos podemos chegar todo o máis alto deste Club".